AGORA / NOW

¿QUÉ É "AGORA"?

Dende os lugares celtistas en internet (redes sociais, foros, webs...) particularmente dende o foro "delcelta.com", sempre constaba a preocupación pola falta de coordinación da bancada celeste á hora de alentar ao equipo.

Xa é ben sabido que nesta derradeira tempada a animación viuse incrementada, máis notablemente na chamada "C máxica" formada polas bancadas de Fondo (Celtarras), Marcador (Comando, Carcamáns, Centolos...) e Río Baixo (Irmandiños). 

O problema é que todas esas zonas animan cada quen ao seu, coordinándose moi poucas veces en conxunto. Esta forma de animar ten o seu encanto, pero redúcese moito o impacto auditivo e visual.

Pero... ¿qué pasaría se ademáis de animar as hinchadas pola súa conta, nos minutos 10, 20, 30 e 40 de cada parte, se entonara conxuntamente os nosos cánticos? ¿Eses cánticos cunha letra escrita por e para o noso Celta, eses que escoitándoos fannos derramar bagoas...?

Sería un ambiente inigualable, parecido aos estadios británicos pero co noso propio estilo.

Por iso, aparece esta nova iniciativa chamada "AGORA".


¿CÓMO FACER "AGORA"?

A principal preocupación dunha coordinación é poñerse dacordo, e claro, coordinar a todo un estadio é canto menos compricado.

"AGORA" pretende conseguir que tóda-las bancadas comecen e rematen co mesmo cántico simultáneamente.

Xa se sabe que será moi dificil, por non dicir imposible, comezar con esta nova tradición. Pero tamén se sabe que como se consiga, nunca morrerá porque será unha forma de unión celtista e algo que en xeral, gusta moito á comunidade. 


Para conseguir unha sincronía entre as bancadas, a afección debe erguerse e mostrar a súa bufanda, bandeira ou calquer cousa ao ar nos minutos 10, 20, 30 e 40. Logo debe agardar sobre medio minuto ou a que unha ampla masa de afeccionados estén tamén preparados para comezar o cántico.

Os cánticos non serán sempre os mesmos, é dicir, cada 10 minutos cantarase ún diferente. 
Para telo organizado, o organigrama será colgado neste blog no momento que a xente comece a dar opinión e se tome algunha decisión ao respecto. 

A seguinte táboa mostra un exemplo de organigrama:





Por último, na sección cánticos, estarán as letras das cancións xunto co ritmo que deben levar, pra non cantar só o estribillo devaluando a propia canción. Como hai algunha canción que é demasiado longa, só se collerá unha parte dela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario